CRTVG

Buscar

Máis de 40 orquestras e 48 horas de música na macroverbena de Mondoñedo

Publicado o 05/04/2019 22:22

Os amantes da verbena teñen hoxe unha cita en Mondoñedo. Imos ir ata alí en directo para saber por que.

Aquí máis que unha típica verbena, celébrase unha macroverbena. E é macro polas cifras que move. É un auténtico maratón musical. Serán 48 horas sen parar. Máis de corenta orquestras que se alternarán en dous escenarios. Este tributo á verbena, arrancou ás nove da noite coa actuación dos Satélites. A troula durará ata o domingo, aquí en Mondoñedo que esta fin de semana será a capital mundial da verbena.




 

Noticias web

05/04/2019