CRTVG

Buscar

Máis de 3.000 rianxeiros, chamados a un cribado

Publicado o 23/12/2020 14:14

Ringleiras desde primeira hora da mañá no hospital da Barbanza. Os veciños de Rianxo acoden ao chamamento do Sergas para facer un cribado. A vila estrea hoxe as máximas restricións na hostalería e peche perimetral, seguindo o ronsel de Boiro e de Ribeira, que tamén están pechados.

Na comarca, só A Pobra do Caramiñal se libra da alta incidencia da covid, que no caso de Rianxo supera a taxa dos 320 casos por cen mil.

O gromo está relacionado co costume das partidas de cartas que comparten moitos xubilados do mar. Boiro, con 187 casos, e Ribeira, con 115, tiveron xa varios cribados en empresas, que serviron para detectar decenas de asintomáticos.

No caso de Rianxo, o Sergas pretende detectar tamén persoas que fixeron probas a nivel particular fóra da rede sanitaria pública e que tardaron en comunicar os positivos.

Noticias web

23/12/2020