CRTVG

Buscar

Máis de 200 iniciativas difundirán a obra de Carvalho Calero neste 2020

Publicado o 17/02/2020 15:13

Unha figura polifacética. Tanto, que a idea é espallar a Carvalho Calero desde diversos ámbitos para conseguir o máis difícil.

Para saír á rúa: obradoiros, recuperación da súa obra en distintos formatos, lectura pública de Scorpio, a súa obra narrativa máis salientable ou a exposición central A voz do presente, unha mostra itinerante polas vilas e cidades galegas que chegará por primeira vez a Portugal.

Desde a Real Academia Galega ata o Consello da Cultura, pasando por AGAL, os concellos de Ferrol ou Santiago e a Corporación da Radio Televisión de Galicia con diferentes propostas na radio, televisión e redes sociais.

Comeza o espallamento oficial da vida e obra de Carvalho Calero e, por extensión, da cultura galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020