CRTVG

Buscar

Máis de 200 incidencias relacionadas coa covid-19 nos colexios desde o inicio do curso

Publicado o 15/09/2020 14:22

Máis de 200 colexios de toda España rexistraron incidencias relacionadas coa covid-19 neste inicio do curso escolar.

Andalucía é a comunidade con máis centros afectados, 34, o último un colexio de Huelva pechado polo positivo de dous profesores. O gromo detectado no colexio onubense coincide co inicio do curso escolar para os alumnos de secundaria, bacharelato e Formación Profesional en Andalucía.
Os dous profesores que deron positivo por covid-19 permanecen illados e o centro pechou as portas para evitar a propagación do virus.

O protocolo contra o coronavirus activouse tamén no colexio da localidade toledana de Talavera de la Reina, onde estudan as dúas irmás contaxiadas despois de asistir a unha comuñón.
As pequenas e o resto da clase deberán gardar 14 días de corentena, igual que os membros das cinco familias que asistiron á comuñon celebrada na vila de Cervera de los Montes, de 320 habitantes.

Desde que comezou o curso escolar rexistráronse máis de 200 incidencias por coronavirus en centros de ensino de toda España, 34 só en Andalucía.
Nesta comunidade, o concello sevillano de Casariche pediulles aos veciños que apliquen as medidas da fase 1 do estado de alarma e saian só se é necesario.

Noticias web

15/09/2020