CRTVG

Buscar

Máis da metade dos autónomos perderon un 60% da actividade no que vai de ano

Publicado o 24/09/2020 14:19

Os autónomos fan unha chamada de auxilio poñendo sobre a mesa a última enquisa entre o sector.
Só un de cada 6 volveu traballar con normalidade. O 12% aínda ten os negocio pechado e a maioría volveu abrir pero coa metade de facturación.

Moitos deles resisten con créditos do ICO e agora en outubro chega un problema engadido porque comezan as devolucións.

Por iso piden que se manteñan as axudas. A metade dos autónomos con empregados recorreu aos ERTE e agora reclaman que se prorroguen e que non se limiten por sectores como propón o Goberno.

A metade dos autónomos cre que non se recuperarán ata 2023. E un 32% prevé recortes de persoal este ano.

 

Noticias web

24/09/2020