CRTVG

Buscar

Máis da metade das pemes prevé recurtar emprego en 2021

Publicado o 19/10/2020 19:02
Máis da metade das pemes prevé recurtar emprego en 2021

Máis da metade das pemes prevé recurtar emprego o ano que vén. É o que se desprende do barómetro realizado pola patronal Cepyme. A enquisa tamén recolle que a metade das pequenas e medianas empresas de España cre que a súa supervivencia está en risco. E o 50 por cento das empresas que optaron por un ERTE afirman que non poderán manter o emprego nos próximos seis meses.

Noticias web

19/10/2020