CRTVG

Buscar

Máis da metade das estafas que se producen xa son na Rede

Publicado o 09/01/2020 14:22

Alberto González, xefe do Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Coruña, explica que os delitos contra o patrimonio se están trasladando a Internet. 

Ciberestafas como o roubo de datos da tarxeta de crédito, a través de sitios web aparentemente auténticos, ou fraudes na venda de produtos, normalmente máis baratos do habitual, que tras ser mercados nunca chegan ao cliente.

González lembra que hai que desconfiar das ofertas demasiado grandes e recomenda buscar páxinas seguras, que contan co cancelo de seguridade.

Ademais, os expertos en ciberfraude recomendan empregar pasarelas de pagamento e tarxetas exclusivas para compras por Internet, de xeito que os datos persoais e bancarios permanezan protexidos. 

Noticias web

09/01/2020