CRTVG

Buscar

Madrugada xélida na provincia de Ourense

Publicado o 21/01/2020 14:18

Abre o día e xa co sol no alto os termómetros semellan non darse por aludidos. En Xinzo de Limia toca abrigarse e apurar o paso.

Aquí a mínima foi hoxe de catro graos baixo cero. Din que é o tempo de frío, non hai outra, e que o sol axuda a sobrelevalo só a partir do mediodía.

Preto de Xinzo, en Baltar, os pes da Serra do Larouco, os termómetros marcaban esta noite unha vez máis a temperatura máis baixa de Galicia, sete graos baixo cero.

E se as temperaturas foron baixas non digamos a sensación térmica, a primeira hora da mañá aquí era de 8 con 5 graos negativos, de dez baixo cero en Lardeira, en Valdeorras, e de nada menos que trece graos negativos en Cabeza de Manzaneda. As temperaturas máximas estarán hoxe entre os dez e os quince graos no interior de Galicia, de cara a mañá experimentarán un lixeiro ascenso.

Noticias web

21/01/2020