CRTVG

Buscar

Madrid queda semiparalizado e suma 1.000 casos máis

Publicado o 16/03/2020 14:43

Os útimos datos do Ministerio de Sanidade confirman 4.695 casos en Madrid. Son mil máis ca onte, e a cifra pode subir porque durante a fin de semana pode haber atrasos na comunicación de positivos.

O Goberno autonómico prevé que os datos da pandemia non empezarán a descender ata o 15 de abril, coas medidas restritivas impostas polo estado de alarma. Esta mañá o metro da cidade rexistrou un 75% menos de viaxeiros en hora punta e o tráfico baixou entre un 38 e un 57%.

O Concello de Madrid habilitou 150 prazas no recinto feiral de Ifema para personas sen fogar que non teñan síntomas de coronavirus. Os que teñan síntomas irán a centros específicos de illamento.

Nas últimas 24 horas contabilizáronse en Madrid uns mil casos máis de coronavirus ca na xornada anterior, segundo o Ministerio de Sanidade

"No período de 24 horas antes foron máis ou menos o mesmo, entre 1.200 e 1.300. Non quere dicir que esteamos baixando, estamos en fin de semana e, aínda que se traballa as 24 horas, pode haber algun atraso nas informacións, dixo o coordinador de emerxencias sanitarias, Fernando Simón.

A Administracion autonómica calcula que a epidemia vai seguir en fase de ascenso ata o 26 de marzo e que non empezará a notarse o descenso nos datos ata o 15 de abril, coas medidas restritivas do estado de alarma. Hoxe, en hora punta, o metro de Madrid contabilizou un 75,2 por cento menos de viaxeiros, e os que había seguiron as normas impostas.

"Había espazo suficiente para estar separados, si".
"Con moito medo, claro", din traballadores obrigados a viaxar en metro.

Tamén descendeu o tráfico na capital, un 38,5 por cento na améndoa central e un 57% na M-30, segundo datos da DXT. O distrito financerio estaba esta mañá completamente baleiro e sen actividade.

Onte, domingo, o transporte público no seu conxunto rexistrou preto do 87,5% menos de viaxeiros que o mesmo día da semana anterior, o que supuxo uns dous millóns de viaxes menos.


 

Noticias web

16/03/2020