CRTVG

Buscar

Madrid prohibe o uso de móbiles nos centros educativos públicos e concertados

Publicado o 23/12/2019 19:46

A Comunidade de Madrid prohibe desde o curso que vén o uso dos móbiles nos colexios públicos e concertados. A medida tómase con dous obxectivos: mellorar os resultados académicos dos alumnos e loitar contra o ciberacoso e o 'bullying'.

A medida afecta todos os centros sostidos con diñeiro público e entrará en vigor en setembro do ano 2020. Aféctalles a un total de 800.000 rapaces e rapazas. Só estará permitido con fins didácticos en proxectos educativos ou por razóns de saúde ou discapacidade.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2019