CRTVG

Buscar

Madrid homanexea as vítimas do coronavirus na Porta de Alcalá

Publicado o 23/04/2020 14:59

Un crespón negro de tres metros de altura preside dende esta mañá o arco central da Porta de Alcalá, un dos símbolos de Madrid. O Concello quixo renderlles homenaxe a todas as vítimas do coronavirus, que está afectando con especial virulencia a comunidade madrileña.

De loito, con máscaras e luvas, toda a corporación municipal estivo representada no minuto de silencio que se gardou ante o monumento. O alcalde dixo que neste momento as institucións teñen que apoiar as vítimas e os seus seres queridos.

Martínez-Almeida agradeceu a unidade de todos os grupos municipais na loita contra a pandemia e sumouse ás palabras de afecto coas vítimas que onte pronunciou a ministra de Defensa no peche da morgue do Palacio de Xeo. Margarita Robles recoñecía hoxe que a emoción marca, en ocasións, o día a día da xestión da crise.

Noticias web

23/04/2020