CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Madrid acolle esta tarde a manifestación central do 8-M

Publicado o 08/03/2018 14:44

No resto de España o 8 de marzo celebrouse tamén co mesmo espírito reivindicativo. O acto central en Madrid terá lugar esta tarde. Oito de marzo reivindicativo, pola igualdade. En Madrid rematará cunha manifestación central a partir das sete da tarde.

As mulleres paran para cambialo todo, ese é o lema da xornada, o lema da pancarta que marchará na cabeceira da manifestación, que non podía ser doutro xeito, está reservada para elas, para as mulleres. A coordinadora do 8-M fala xa dunha xornada histórica.

Os mandís colgados nos balcóns simbolizan as reivindicacións da folga feminista. Concentracións que se repiten en todo o país. Bilbao, Barcelona ou Sevilla, unidas pola mesma mensaxe. Paros en todos os sectores da vida cotiá. 

En Cataluña ou na Comunidade Valenciana tamén houbo cortes de tráfico para facer máis visible a loita das mulleres pola igualdade neste oito de marzo. Os representantes dos partidos políticos participaron en distintos actos e expresaron o seu grao de apoio ás reivindicacións deste Día da Muller.

"O que hai que facer hoxe é reivindicar o que é xusto, que a muller teña liberdade, igualdade e recoñecer que queda moito por facer. A evidencia é que hai fenda salarial, que hai violencia machista e que queda moito por facer en educación", dixo Alberto Rivera, de Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí