CRTVG

Buscar

Luz verde á despenalización da eutanasia en Portugal

Publicado o 20/02/2020 20:06
Luz verde á despenalización da eutanasia en Portugal

O Parlamento de Portugal deu hoxe luz verde a tramitar a despenalización da lei de eutanasia tras aprobar os cinco proxectos de lei que se presentaban para abrir un camiño inédito para o país. Despois de case tres horas de debate, os deputados deron unha maioría de votos a favor ás propostas do gobernante Partido Socialista, o marxista Bloco de Esquerda, a forza animalista PAN e a ecoloxista PEV, ademais de Iniciativa Liberal.

Os proxectos de lei pasarán agora ás comisións, onde serán estudadas en detalle e poderán realizarse cambios nas mesmas antes de que suban a unha nova e definitiva votación no pleno, previsiblemente dentro de varias semanas. Con todo, en orixe os cinco textos son moi similares: o solicitante deberá ser maior de idade, sen problemas mentais, e estar en situación de sufrimento "duradeiro e insoportable" con enfermidade ou lesión incurable e fatal.

Noticias web

20/02/2020