CRTVG

Buscar

Luís César, novo adestrador do Lugo

Publicado o 02/03/2021 21:14

• O club anuncia oficialmente a contratación do substituto de Mehdi Nafti

Luís César é o novo adestrador do Club Deportivo Lugo. Asi o acaba de confirmar hai tan só uns minutos o club que preside Tino Saqués.

Mañá será presentado no Anxo Carro. O técnico vilagarcián era o que máis soaba para substituir a Mehdi Nafti. Luís César xa adestrara o Lugo na temporada 16-17, e lograra a mellor clasificación do equipo en segunda, un noveno posto. Non trascenderon máis datos da súa incorporación, que en principio será ata a fin desta temporada.

O luns contra o Fuenlabrada é o primeiro compormiso do novo adestrador.

Noticias web

02/03/2021