CRTVG

Buscar

Luís César, novo adestrador do Deportivo

Publicado o 08/10/2019 16:01

Media hora despois de anunciar o cesamento de Anquela, o Deportivo facía oficial a contratación de Luís César Sampedro. Arousán, 53 anos, técnico con carácter e experiencia. Esa é a fórmula elixida para reconducir o proxecto do ascenso.

Luis César coñece a Segunda División. Valladolid, Albacete. Ascendeu a primeira co Nastic e a temporada pasada salvou o Tenerife do descenso tras collelo a catro xornadas para o final. Foi o seu último equipo. Tamén dirixiu o Lugo na temporada 2016-17, onde asinou unha gran campaña. 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019