CRTVG

Buscar

Luís César é claro: "Quero gañar xa"

Publicado o 09/11/2019 18:54

Son trece xornadas sen gañar, catro desde que Luís César é o adestrador. A ansiedade, recoñecida, é maxima no cadro. Así o di o adestrador Luís César: "Claro. Quero gañar xa. Estame custando. Estase facendo de rogar a miña primeira vitoria co Deportivo e os rapaces levan aínda máis sen gañar. Estamos desexando todos ter unha semana tranquila, ter un domingo tranquilo, gañar nós e ver o que pasa pola tarde".

Toca actuar na casa. O técnico repite a mensaxe do último partido en Riazor: "Temos que crear unha conexión instantánea coa nosa afección. Temos que acender a mecha nós. Temos que ir a polo partido desde o primeiro minuto pero sabendo que hai 90 para gañar". E é que Luís César advirte signos de mellora. "Non me xutan moito os rivais á portería. Iso noto eu. Cando vexo o meu equipo conto as veces que intervén o meu porteiro. Se o meu porteiro traballa moito xa non me gusta o meu equipo. Debe ser que porque eu era porteiro e cando traballaba moito era porque os que estaban diante facíano mal", concluíu o adestrador.

Luis César ten a vista posta en Borja Galán e en Mujaid. Un deles ocupará o lateral dereito. Son 20 os convocados, e tocará facer dous descartes.

Noticias web

09/11/2019