CRTVG

Buscar

Lugo selará as credencias dos peregrinos da Vía Künig

Publicado o 15/08/2020 21:42

Dende esta fin de semana, os peregrinos que percorran o Camiño de Santiago pola Vía Künig poderán selar as súas credenciais no Concello de Lugo. Trátase dun pasiño máis no recoñecemento da oficialidade dunha ruta que está acreditada documentalmente dende 1495 e que supón unha variante do Camiño Francés.

Máis de cinco séculos despois, o Concello de Lugo, en compensación, selará as credenciais dos peregrinos que escollan esta ruta no seu camiño a Santiago.
Trátase dunha variante do camiño francés que percorre Pedrafita, As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo, onde enlaza co camiño primitivo. Esta vía está documentada dende finais do século XV.

Agora loitan para que esta vía teña un recoñecemento oficial, xa que conseguilo suporía darlles vida aos lugares polos que atravesa e tamén sería o mellor escaparate para os seus recursos, como esta ponte medieval que hai en Baralla. Por iso, conseguir que se poida selar en Lugo as credenciais é un paso tan importante.

Non serían válidos para obter a Compostela, pero é un pasiño máis no camiño de conseguir a oficialidade da vía.

Noticias web

15/08/2020