CRTVG

Buscar

Lugo roza os mil casos activos tras contar máis de 200 contaxios na fin de semana

Publicado o 02/11/2020 17:12

En Lugo cidade viviron unha fin de semana cunha escalada nos contaxios. Chegou a sumar por riba dos 200 máis, unhas cifras récord. Hoxe parece que a tendencia freou.

Nas últimas horas cae o número de contaxios ata os 39. Pero as autoridades sanitarias insisten en que non nos confiemos, é o dato dun día, e o que hai que ter en conta é a incidencia acumulada na última semana, e esta segue a ser preocupante.

Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña explica que "non é o dato dun día, senón ver a tendencia da última semana, e non é boa polo incremento de casos na cidade de Lugo e no resto da provincia".

A provincia roza o milleiro de casos activos, 33 deles están hospitalizadoscinco nas unidades de coidados intensivos.

Ademais, hai cinco concellos en alerta vermella, entre eles a propia capital. De feito, a situación na cidade é a que máis preocupa, e é o concello coas restricións máis estritas da provincia.

As limitacións aos grupos de conviventes baleiran as terrazas de Lugo. O tempo tampouco axuda no primeiro día de volta á rutina coas novas restricións sanitarias. Na rúa hai preocupación porque seguen subindo os contaxios.

As autoridades sanitarias insisten en que hai que limitar os contactos, as reunións familiares seguen a ser a orixe da maioría dos novos contaxios.

Noticias web

02/11/2020