CRTVG

Buscar

O C. D. Lugo, vencedor do Trofeo Vila de Foz

Publicado o 01/08/2019 11:45

O Lugo superou en Foz ao Oviedo na tanda de penalties. Acerto de Varo. O partido rematara con empate a un gol. O Lugo e o Oviedo disputaron a trixésimo primeira edición do Trofeo Vila de Foz. Un amigable en que os dous equipos medían forzas ante un rival da mesma categoría.

Na primeira parte, os de Eloy Jiménez dominaron o balón e aos seis minutos gozaron da primeira ocasión cun disparo de Manu Barreiro que marchou por pouco.

O partido ía medrando en intensidade e unha falta sacada con rapidez dá orixe ao gol do Lugo. Centro desde a dereita de Calderón e Tete adiántase ao defensa chegando desde atrás. 

Acabada de empezar a segunda parte empatou o Oviedo. Falta lateral, Christian deixa de cabeza para que Obeng fusile a Varo. 

A igualada no marcador e no xogo mantívose ata o final a pesar de que os ovetenses tiveron algunha oportunidade máis.

O 24 de agosto, os dous equipos volveranse enfrontar, xa na segunda xornada da liga 123. 

Noticias web

01/08/2019