Lugo fai catro anos sen servizo da ORA
Ía ser unha situación temporal, pero catro anos despois non hai perspectivas de cambio. Lugo segue sen zona azul. Moitas máquinas están xa desfeitas, a pintura sinalizadora desaparece e as autoridades non propoñen ningunha alternativa para regular os aparcadoiros. Entre os condutores hai quen di que polo menos no centro si que sería necesaria a zona azul. Pero, en xeral, hai división de opinións
"Sempre temos sitio para aparcar. Non sei as arcas municipais a que nivel o viven, pero como cidadán me é mesmo máis cómodo", asegura un veciño. Outro condutor, pola contra, di que "Os que andamos dun lado para outro... Sen ORA hai coches que están aparados o dia enteiro, o normal sería que houbese ORA". "Por un lado está ben, como residente resultábame máis cómodo aparcar or eiquí porque non había problema de espazo. O que pasa que o problema non é o da zona azul, senón que debía haber máis aparcadoiros públicos tamén no centro que estiveran ao alcance de todos e se o sistema de zona azul", engade un condutor.
A ORA funcionou en Lugo 30 anos, pero foi suspendida polo goberno local para acatar unha sentenza. Falouse entón de buscar outro sistema que favorecese a rotación no estacionamento de vehículos, algo que nunca chegou,