CRTVG

Buscar

Lugo convértese esta fin de semana na capital canina de España

Publicado o 25/01/2019 21:01

Ramplas, saltos, túneles... estas son algunhas das numerosas probas ás que se enfrontarán durante toda a fin de semana os cans e os adestradores participantes nas probas que se levan a cabo esta fin de semana en Lugo.
Aquí dá igual o tamaño e a raza, o que importa é a habilidade para facer os circuítos no menor tempo posible.
Pero ademais de probas tamén haberá concursos de beleza e exhibicións de morfoloxía canina con cans chegados dende diferentes puntos da península.

Levaranse a cabo probas puntuables para o campionato de España e por primeira vez en Lugo tamén haberá probas sectivas para o campionato mundial.
Os grandes protagonistas eles, os mellores amigos do home.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2019