CRTVG

Buscar

Lugo contará cun centro de formación de especialistas para o cine

Publicado o 17/11/2020 14:32

En Lugo agbrirá proximamente o primeiro centro de formación de especialistas para o cine. A idea principal é formar xente que poida participar como dobres en películas de acción. 

O novo centro estará baixo a dirección dunha burgalesa de 42 anos, profesora de artes marciais e instrutora de corpos policiais de cidades como Madrid, Toquio e Os Ánxeles.

Entre os seus obxectivos, formar especialistas para cine que poidan participar como dobres en calquera tipo de película.

A posta en marcha deste centro de formación, inédito en Galicia, tivo que atrasarse pola pandemia, pero a súa responsable confía en poder abrilo a principios do próximo ano.

Noticias web

17/11/2020