CRTVG

Buscar

Lugo acolle unha exhibición canina puntuable para o campionato de España

Publicado o 26/01/2019 16:19

Parte das instalacións do pazo de Feiras de Lugo está destinada ao agility. Participan 300 cans e xóganse 9 prazas para o campionato do mundo, un deporte que engancha aos cans e aos seus donos

A maioría da xente ten un can con problemas, e descobren este deporte como metodo de que o can libere e tal...e descobren este método e xa non hai marcha atrás porque e engancha totalmente"

Na outra parte das instalacións celébrase unha exposición nacional canina puntuable para o campionato de España.

"Todo o mundo quere exhibir o seu can; morfoloxicamente críase para mellorar a raza e todo o mundo quere ser campión de España"

Agora están avaliando estes basset hound.

"Mirámoslle desde os aplomos, o lombo que sexa ben recto, miramoslle o pescoto, que teña os eixos planos paralelos entre a cabeza e o frontal do nariz, que teña a sa orellas que cheguen ata a punta do nariz... miramos todo

Entre os aistentes hai moitas estrelas, coma Darek, un bearder collie que é pentacampión.

"Cremos que é un can que ten as cualidades moroflóxicas adecuadas e para nosoutros é un orgullo amosalo"

Cans de múltiples razas e tamaños socializan e déixanse . No recinto tamén hai un recunchiño para que non esquezamos que hai outros cans que esperan a súa oportunidade.

"Que a xente intente axudar aos cans que están malvivindo e pasando a vida entre catro paredes e entre reixas"

Tanto a exposición de morfoloxía coma a proba de agility superaron as expectativas de participación, un evento que permanecerá aberto ao público xeral toda a fin de semana.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2019