CRTVG

Buscar

Lugo acolle un certame nacional canino de beleza e agility

Publicado o 25/01/2020 20:54

Son o mellor da súa raza e están en Lugo, competindo por se clasificar para o mundial deste ano. Sobre a pista desafían os obstáculos, e detrás desta exhibición de habilidades está o traballo diario.

As probas de habilidade canina son unha parte importante do certame que esta fin de semana se desenvolve en Lugo, no que tamén hai concurso morfolóxico e de beleza.

De aquí saen os mellores exemplares. Todos eles teñen en común que se trata de animais de estirpe contrastada preparados para competir desde ben mozos.

Outra forma máis de gozar destes animais e das súas habilidades.

Noticias web

25/01/2020