CRTVG

Buscar

Lucas Olaza: "Temos outra oportunidade contra o Mallorca que non imos desaproveitar"

Publicado o 11/12/2019 20:55

O Celta non pode fallar este domingo en Balaídos. Xa o fixo nos dous últimos partidos contra rivais directos. O Mallorca está un punto por riba e perdeu os sete partidos que xogou fóra da casa: "Hai que deixar todo neste partido. Subir a intensidade e xogar como sabemos", di Olaza.

O Mallorca é da mesma liga, agás que o Celta demostre o contrario. Pero Lucas Olaza non quere deixar de mirar a Europa: "O fútbol cambia dun día a outro, dunha semana á outra".

O seu rendemento neste último mes tivo premio. Ademais, o presidente Mouriño confirmou que quere exercer a opción de compra. Claro que tamén o saben no Boca Juniors: "Sempre che escriben e che falan, pero a min gústame focalizar onde estou".

A ausencia de Iago Aspas por molestias estomacais foi o máis destacado da sesión deste mércores, en que Pape Cheikh se adestrou por separado.

Noticias web

11/12/2019