Luar na Lubre presenta o seu novo disco: 'Vieiros e vieiras'
Publicado o 26/06/2020 15:03
Novo disco de Luar na Lubre, que inclúe unha versión do himno Dum Pater familias, do Códice Calixtino. O grupo folk presenta hoxe o seu novo traballo, Vieiras e vieiros, historias de peregrinos, que incorpora tamén os sons do Camiño de Santiago.
Son catorce temas con colaboradores como Miguel Ríos, en que se recuperan vellos romances como o de Don Gaiferos. Estaba previsto que se presentase o 14 de abril, pero a pandemia impediuno.
Esta noite, na praza do Concello da Estrada, inicia a nova temporada de concertos do grupo.
Luar na Lubre fai 35 anos, un longo camiño que agora cumpre unha nova etapa neste disco, o número dezanove, unha homenaxe aos peregrinos.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49