CRTVG

Buscar

'Lúa vermella', de Lois Patiño, premiada coa Biznaga de Prata á mellor película española

Publicado o 30/08/2020 11:10

Éxito do audiovisual galego na 23 edición do Festival de Málaga. O xurado da sección ZonaZine outorgoulle a Biznaga de Prata á mellor película española a unha produción galega, participada pola TVG, falamos de Lúa vermella, do director Lois Patiño.

Na sección oficial de curtametraxes documentais, premio para outra galega, Carme, de Camila Kartes. En canto a curtametraxes de ficción, mención especial do xurado, Biznaga de Prata e premio do público para Xoves de comadres, de Noemí Chantada. Pero non rematan aí os galardóns para o audivisual galego, tamén levaron premio Los que no sienten, Homomaquia e A Media Voz.

Noticias web

30/08/2020