Últimos días para solicitar o voto por correo
Publicado o 29/06/2020 14:55
Se queren votar por correo nestas eleccións ao Parlamento galego, o prazo para solicitalo remata esta semana.
Si, o xoves é o último día para pedir o impreso en calquera oficina de Correos ou solicitalo a través da web. Para facelo, hai que levar o DNI ou, no seu defecto, permiso de conducir ou pasaporte. O voto pódese entregar ata o 10 de xullo.
Para os que opten por acudir a votar o 12 de xuño, lembren que se extremaron as medidas de seguridade nos colexios por mor da covid-19. Accederase con máscara, haberá circuítos diferenciados de entrada e saída, e os maiores terán preferencia nos colexios.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49