CRTVG

Buscar

Últimas horas de vida do Maragato no Xoves de Compadres de Verín

Publicado o 13/02/2020 20:59

Antonio prepárase para recibir a máis de 200 compadres para cear. Son as últimas horas de vida do Maragato.


Será xulgado por todo o malo que fixo ao longo do ano. Neste carro percorrerá por última vez as rúas de Verín acompañado polos seus compadres.

É o avituallamento para facer fronte a unha noite na que mandan os homes, vestidos con chapeu e gabardina.

O que non muda co paso dos anos é a setenza do Maragato. Será condenado a arder na fogueira polos seus pecados. Executada a pena, é hora de comezar a gozar do Entroido.

Noticias web

13/02/2020