CRTVG

Buscar

Ultímanse os preparativos das aplicacións de rastrexo da covid-19 en Galicia

Publicado o 18/08/2020 10:41

Á loita contra o virus sumarase nas próximas semanas unha aplicación de móbil, a Radar Covid. Aquí en Galicia estará complementada con outra que xa está en período de proba.

Desde a semana pasada está activa a aplicación Radar-Covid do Ministerio de Sanidade para rastrexar os casos de coronavirus e xa pode descargar nos móbiles. Estará plenamente operativa en Galicia en canto a Xunta e o Sergas a integren no sistema de saúde. É totalmente voluntaria e anónima. A aplicación lanzará un aviso se se estivo en contacto con algún positivo.

A Xunta de Galicia tamén está a desenvolver a súa propia aplicacion, está en probas e agárdase que estea en funcionamento a partir de setembro.


 

Noticias web

18/08/2020