CRTVG

Buscar

Zidane, positivo por covid-19

Publicado o 22/01/2021 12:58
Zidane, positivo por covid-19
O Real Madrid anunciou que o seu adestrador, Zinedine Zidane, deu positivo en covid-19, nun breve comunicado na súa páxina web oficial. "O Real Madrid CF comunica que o noso adestrador Zinedine Zidane deu resultado positivo en COVID-19", confirmou o club, mentres o persoal realizaba o último adestramento na Cidade Deportiva para preparar o partido de Liga de mañá contra o Alavés en Mendizorroza, correspondente á xornada 20.
A baixa de Zidane fixo que o seu segundo David Bettoni dirixise a sesión e interviñese na rolda de prensa posterior a esta, na que confirmou que o técnico se atopa ben despois de falar con el esta mañá.

 

Máis sobre actualidade