CRTVG

Buscar

López Obrador recibe o bastón de mando das comunidades indíxenas

Publicado o 02/12/2018 13:45

Arredor de 120.000 persoas congregáronse no zócolo da capital mexicana para festexar a chegada á presidencia do país de López Obrador, quen lles reiterou que loitará contra a corrupción e a prol dos máis desfavorecidos.

"Reafirmo o meu compromiso de non mentir, non roubar e non traizoar o pobo de México".

Os 68 pobos indíxenas mexicanos entregáronlle o bastón de mando das súas comunidades. Obrador pediulles confianza e paciencia aos cidadáns, tras subliñar que está recibindo un país en creba.

Noticias web

02/12/2018