CRTVG

Buscar

Lopetegui: "O Celta vai rematar a liga nunha zona totalmente diferente"

Publicado o 08/02/2020 19:07

Para o adestrador do Sevilla a situación clasificatoria do Celta nada ten que ver co potencial do seu plantel. "É un equipo que xogou moi ben os últimos partidos e que vai rematar a liga nunha zona totalmente diferente". Para Lopetegui o gran perigo é Aspas "que ten un nivel extraordinario" e ao que convocou en varias ocasións para a selección española. Pero o vasco tamén se lembra do Touro Fernández, de Santi Mina e, sobre todo, do ruso Smolov. 

Noticias web

08/02/2020