CRTVG

Buscar

Localizan con vida a muller desaparecida na Estrada desde onte á tarde

Publicado o 06/11/2020 16:49
Localizan con vida a muller desaparecida na Estrada desde onte á tarde

María Teresa Bitancurt, de 87 anos, desparecida onte na Estrada, foi localizada este venres con vida, segundo informan os servizos de emerxencia deste concello pontevedrñes. 

A Teresa perdéranlle a pista onte a media tarde, cando ía camiño do centro de día. Equipos de emerxencias e da Garda Civil, xunto con familiares e amigos, despregaran un dispositivo de busca ata que finalmente puido ser localizada.