CRTVG

Buscar

Localizan agochadas seis toneladas de xarda en Burela

Publicado o 22/04/2020 16:03

No porto de Burela, a Garda Civil descubriu ocultas na adega dun barco seis toneladas de xarda non declarada.

Os axentes sospeitaron cando viron que o barco entraba no porto lixeiramente escorado e decidiron inspeccionalo para comprobar se as especies capturadas que transportaban se correspondía coa notificación de descarga que realizaran previamente ás autoridades portuarias.

Descubriron na zona de estribor unha escotilla que accedía a unha segunda adega oculta non reflectida nos planos do barco e atoparon no interior agochadas as seis toneladas de xarda.

Noticias web

22/04/2020

Máis sobre Burela