CRTVG

Buscar

Localizados tres dos catro usuarios contaxiados do Fogar do Transeúnte en Lugo

Publicado o 29/09/2020 14:37

Localizados en Lugo pola Policía Nacional tres dos catro usuarios habituais do Fogar do Transeúnte contaxiados de coronavirus e cuxa pista perderan hai máis dunha semana os rastrexadores, ao se tratar de persoas sen domicilio fixo.

Segundo fontes policiais, os tres deron negativo nunha nova proba PCR á que foron sometidos. Os axentes buscan agora o cuarto destes individuos, que aínda non puido ser localizado.

Noticias web

29/09/2020