CRTVG

Buscar

Localizado en Madrid o home desaparecido en Ourense desde o venres

Publicado o 17/12/2019 23:41
Localizado en Madrid o home desaparecido en Ourense desde o venres

Francisco Javier Carballal, de 47 anos, que levaba desaparecido desde o pasado venres, 13 de decembro, en Ourense, foi localizado en bo estado este martes en Madrid. Así o informaron fontes policiais. 

O home faltaba do seu domicilio desde a semana pasada, cando a súa muller denunciou que non tiña noticias del desde as 9 da mañá do venres. Polo momento, fontes policiais non facilitaron máis detalles da súa aparición, ao estar aínda a investigación en curso.

 O home foi localizado en bo estado, malia que se descoñece por que estaba en Madrid.

Máis sobre Ourense