CRTVG

Buscar

Localizado en bo estado o mozo de 18 anos desaparecido na Coruña

Publicado o 11/03/2020 10:14
Localizado en bo estado o mozo de 18 anos desaparecido na Coruña

O mozo de 18 anos que se atopaba en paradoiro descoñecido desde este luns, cando o viron por última vez na Coruña, foi localizado en bo estado, segundo informa Sosdesaparecidos.

A asociación traslada que Aarón Lobillo Fernández apareceu este mércores en boas condicións.

A Policía Local da Coruña difundira a alerta na súa conta de Twitter e solicitaba que calquera persoa que puidese ter información para localizalo chamase a algún dos teléfonos de emerxencia, como o 092, 091, 062 ou 112.