Localizada unha nena de sete anos abandonada nunha estrada da Rioxa
A Garda Civil localizou unha nena de sete anos abandonada nunha estrada da Rioxa. Os axentes atopárona nerviosa e chorando e pouco despois detiñan o compañeiro sentimental da nai da cativa.
Unha chamada anónima alertou a Garda Civil de que había unha nena pequena camiñando soa e coa única compañía dun can.
Os axentes deron con ela nunha vía de servizo da nacional 111 á altura do termo municipal rioxano de Lardero.
Estaba moi nervosa, chorando e abrazada ao can, segundo relataron os axentes aos que a nena lles contou que viaxaba no coche dun amigo de súa nai e que quedaran sen gasolina.
O home marchou buscar combustible e díxolle á nena, de sete anos, que agarda alí a que el regresara.
Tras escoitar o relato da cativa, a Garda Civil comezou a busca do home ao que detivo pouco despois. É o compañeiro sentimental da nai, de 30 anos, e cun amplo historial delituoso.