CRTVG

Buscar

A carga de traballo fai que os talleres de reparacións de coches teñan lista de agarda

Publicado o 16/06/2020 15:00

Como non houbo circulación, non houbo tampouco practicamente accidentes, nin necesidade de traballos de chapa e pintura, pero si cambios de baterías e de rodas. É o que nos din que provocou o confinamento nos talleres.

Tantos meses cos coches parados, sen mantemento mínimo na maior parte dos casos, fai que agora os talleres teñan unha carga de traballo considerable. Algúns comentan que están dando cita para reparacións con ata quince días de antelación, cando antes do coronavirus a maioría dos arranxos menores eran no día.

Cambiaron dez baterías nun só día, cando antes do confinamento había xornadas en que non cambiaban ningunha. Contan neste taller que a parada dos coches durante semanas fixo estragos nas baterías dos vehículos.

Cambios de baterías e de rodas. O tempo do confinamento fixo que moitos condutores non se preocuparan nin de arrancar nin de mover os vehículos, as rodas sofren.

Ter un coche parado provoca menos desgaste, si, pero os profesionais aconsellan non deixar os vehículos esquecidos por completo.

Hai talleres onde a demanda de traballo tras o confinamento aumentou coma nunca. De arrancar coches no día, moitos comentan que están dando cita cun par de semanas de antelación.

Noticias web

16/06/2020