CRTVG

Buscar

Liorta entre os percebeiros e bateeiros na Costa da Vela polo acceso á zona

Publicado o 06/05/2020 14:31

A tensión entre os percebeiros de Cangas e os bateeiros da Illa de Arousa volveuse sentir este mércores na costa da Vela, onde mesmo unha árbore cortada atrancaba o acceso.

Os da Illa acudiran para recoller a cría de mexillón cando se atoparon coa oposición dos percebeiros. Os do Morrazo aseguran que teñen un pacto cos mexilloeiros das rías de Vigo e Pontevedra para que non acudan a esta zona e non estraguen o seu traballo. Os mexilloeiros rexeitan unirse a ese acordo e insisten en que a lei lles permite tamén recoller aquí a cría do mexillón.

Malia que mantiveron conversas durante toda a mañá, non chegaron a un acordo, polo que finalmente ningún baixou traballar ás rochas.

Noticias web

06/05/2020