CRTVG

Buscar

Liorta entre bateeiros e percebeiros en Mera

Publicado o 08/05/2020 19:53

Seguen os enfrontamentos no mar a causa da mexilla. Estes bateeiros recollían esta mañá cría de mexillón nunhas rochas de Mera. Varios percebeiros da zona achegáronse a eles e comezaron unha disputa. Acusan os bateeiros de arrincar os percebes da rocha cando sacan a mexilla.

A presenza dunha patrulleira de vixilancia e de axentes da Garda Civil por terra impediu que o enfrontamento fose a maiores. Esta semana houbo pelexas semellantes en Aguiño e tamén na zona de Cangas. En Cabo Home chegaron a cortar os camiños con árbores para impedir que os bateeiros da Arousa cheguen ás rochas da Costa da Vela.

Noticias web

08/05/2020