CRTVG

Buscar

Limpar a cheminea evita o risco de incendio e avarías

Publicado o 23/10/2020 14:26

É tempo de traballo intenso para os profesionais das chemineas, que estes días visitan moitos fogares galegos, para poñer a punto as instalacións.

"Non damos feito", asegura Manuel Casal, desenfeluxador profesional, ante a alta demanda de revisións nesta época.

A limpeza e o mantemento son fundamentais, xa que o risco de incendio e o perigo por unha mala combustión aumentan se a cheminea está en mal estado ou taponada pola feluxe.

Tamén dende o 112 aconsellan revisar e limpar a cheminea, e lembran que a feluxe aumenta o consumo e a contaminación.

Noticias web

23/10/2020