CRTVG

Buscar

Liga e Federación acordan un novo protocolo para a liga 2020-21

Publicado o 07/09/2020 21:23

A liga comeza o venres, e os equipos de 1ª e 2ª xa coñecen o novo protocolo de competición, condicionado polas medidas anticovid-19.

Cada club ten que ter un estadio alternativo fóra da comunidade autónoma e debe comunicalo antes do 18 de setembro.
Sete xogadores do primeiro equipo como mínimo na convocatoria. O resto do filial. Con trece futbolistas hai partido.

Os equipos de primeira só poderán aprazar un partido se non alcanzan o número de xogadores antes da xornada trinta. E en segunda, dous aprazamentos como máximo.

Os xogadores non poderán ducharse nos estadios tras o partido. Sobre a presenza de espectadores nos estadios, Tebas non cre que sexa posible ata que comece o 2021.
 

 

 

 

 

 

Noticias web

07/09/2020