CRTVG

Buscar

Liberan as 279 alumnas secuestradas nun colexio de Nixeria

Publicado o 02/03/2021 09:10
Liberan as 279 alumnas secuestradas nun colexio de Nixeria

As 279 estudantes secuestradas a madrugada do pasado venres nunha escola pública feminina do estado de Zamfara, no noroeste de Nixeria, foron hoxe liberadas, segundo revelou o gobernador da rexión Belo Muhammad Matawalle. "Alégrame anunciar a liberación das estudantes secuestradas da Escola de Secundaria de Ciencias do Goberno da cidade de Jangebe, tras a escalada de varios obstáculos postos aos nosos esforzos", asegurou o mandatario a través da rede social Twitter.

"Esta noticia tráenos unha boa nova. Alégrome de que a súa terrible experiencia chegase a un final feliz sen ningún incidente", dixo tamén a través desta rede social o presidente nixeriano Muhammadu Buhari.

As estudantes, que as autoridades cifraron inicialmente en 317, foron capturadas o pasado 26 de febreiro despois de que un grupo de homes armados irrompesen no centro educativo sobre a unha da madrugada. O suceso de Zamfara, que as autoridades atribuíron a "bandidos" activos no noroeste do país, produciuse apenas nove días despois do rapto a mans de homes armados de 38 estudantes e profesores da Escola de Ciencias do Goberno en Kagara