Leopoldo López chegou a Madrid tras pasar por Aruba e Miami
Publicado o 27/10/2020 08:50

Vanse coñecendo novos detalles da fuxida do opositor venezolano Leopoldo López da embaixada española en Caracas en que estaba refuxiado.
Todo indica que López abandonou a delegación diplomática en coche e despois logrou chegar, vía marítima, ata a illa holandesa de Aruba, fronte ás costas de Venezuela. Desde alí marchou ata Miami, onde subiu a un avión rumbo a Madrid.
Segundo os primeiros indicios, López entrou en España con documentación falsa. Nun intento de despistar a policía venezolana, especulouse coa idea de que López fuxira a través da fronteira con Colombia.