CRTVG

Buscar

É legal que os clientes asuman os gastos para garantir a seguridade contra a covid-19?

Publicado o 27/05/2020 21:26

Din as asociacións de consumidores que si, que é legal. Que un local pode cobrarlle ao cliente máis por un servizo que, debido ás medidas de seguridade que requiren polo coronavirus, tamén lle custa máis ao empresario. Poden cobrar máis, pero, atención, será legal se o sobrecusto está xustificado, é proporcionado e o cliente é advertido antes de recibir o servizo. Se o usuario non o acepta, pode rexeitar o produto.

En moitos salóns de peiteado están dándolle a cada cliente luvas, màscaras e xel desinfectante. Neses locais e noutros, o incremento obrigado na hixiene está custándolle máis ao empresario. Algúns están repercutíndolles ese sobrecusto aos clientes.

A chamada taxa covid, cobrar un suplemento polos servizos, non é ben recibida, en liñas xerais, polos consumidores.

As asociacions de consumidores e usuarios de Galicia contan que están empezando a recibir consultas sobre a legalidade e oportunidade deestablecer ou pagar ese suplemento que, lembran, é legal se é proporcionado e o cliente é advertido antes do servizo.

Noticias web

27/05/2020