CRTVG

Buscar

Laxe engádese a outros seis concellos da provincia da Coruña sometidos a restricións especiais

Publicado o 12/09/2020 14:59

Laxe, cunha poboación de tres mil habitantes, espertou hoxe como o novo concello con restricións na provincia da Coruña. Únese a Santiago, Arteixo, Carballo, A Laracha, Ponteceso e determinados barrios da Coruña, lugares onde nas últimas datas se rexistra un aumento na propagación do virus.

Carmen Lema non vai notar moito cambio na súa mercería, xa limitaba o acceso. As restricións afectan especialmente á hostalaría, que de novo debe reducir a ocupación ao 50% no interior, sen servizo de barra, e ao 75% nas terrazas. Os hostaleiros amosan preocupación e tamén aprecian o temor na poboación.

O remate da temporada estival fai pensar a moitos veciños que as restricións durarán pouco en Laxe.

As medidas serán revisadas pola Consellería de Sanidade como máximo nunha semana.

Noticias web

12/09/2020

Máis sobre actualidade