"Las niñas" e "Antidisturbios", as grandes triunfadoras dos Premios Forqué

A productora de "Las niñas", Valerie Delpierre, recolle o premio á mellor fita
A fita Las niñas, de Pilar Palomero, e a serie Antidisturbios, de Rodrigo Sorogoyen e Isabel Peña,
foron as grandes triunfadoras da vixésimo sexta edición dos Premios Forqué que conceden os produtores audiovisuais asociados en EGEDA.
A primeira gran cita cinematográfica do ano celebrouse no pazo municipal de IFEMA dun Madrid aínda afectado polas consecuencias do temporal Filomena, e con medidas contra a covid como a restrición da ocupación a menos do 20 % no auditorio, uns 300 convidados, a distancia de seguridade e as máscaras en todo momento.
Ambientada en Zaragoza en 1992, Las niñas adéntrase no universo dunha adolescente que estuda nun colexio de monxas. A fita estreouse na Berlinale e gañou a Biznaga de Ouro no Festival de Málaga.
Antidisturbios é unha serie que amosa o día a día deste corpo policial. Javier Cámara e Patricia López foron o mellor actor e a mellor actriz de cinema.
A gala, presentada por Aitana Sánchez-Gijón e Miguel Ángel Muñoz, homenaxeou a todos os sectores da sociedade que foron fundamentais durante la época de confinamento.