CRTVG

Buscar

O programa 'Larpeiros Social Club' comparte con todos o seu menú de Noiteboa

Publicado o 23/12/2019 18:22

Esta noite, o programa Larpeiros Social Club vai compartir con todos o seu menú de Noiteboa. Se aínda non teñen moi claro que van preparar, tomen nota de como fan eles algunhas das receitas clásicas destas datas.

Os larpeiros preparan esta noite un menú para a Noiteboa. Escolleron un prato moi tradicional que Benigno fará ao seu xeito.

Outro clásico da Noiteboa é o marisco. Compartirán connosco algunhas receitas.

E para rematar o menú, doces típicos destas datas. Son días de lembranzas familiares. Tamén para os Larpeiros, que se xuntan esta noite nunha cociña onde xa recende a Nadal.

Noticias web

23/12/2019